Inauguración do Paseo do Cine de Lugo e descubrimiento de placas

Hoxe luns, 19 de setembro, ás 18,00 h., vaise descubrir a placa que da nome ao Paseo do Cine de Lugo, vía principal do parque da Milagrosa, que vai desde a entrada, na Avda. da Coruña, cara ao auditorio Gustavo Freire.

No paseo do cine neste momento están representados con cadansúa placa de homenaxe, Antonio Mourelos (Lugo, 12.07.1959);    Prudencia Grifell (Lugo,22-12-1879 – México,7.06.1970); Luis Tosar  (Cospeito, 13.08.1971), Carmen Correa (O Cádavo, 21.06.1933); Luis Iglesia (Riotorto, 2.02.1962) e Frank Braña    (Pola de Allande, 24.02.1934 – Madrid, 13.02.2012), persoeiros todos eles homenaxeados nas Semanas de cine de Lugo.

De seguido, xa no paseo, descubrirase a placa de María Casares, intervindo o escritor Claudio Rodríguez Fer, que rematará a alocución coa lectura dun poema na honra da galega que se fixo imprescindible  no teatro e no cine no seu exilio francés. falará a continuación Siro López Lorenzo – Siro, autor da caricatura de maría casares que se reproduce na placa e en todas as publicacións da semana, así como tamén da caricatura que se reproduce na placa de Margarita Ledo.

Finalmente descubrirase a placa na honra de Margarita Ledo Andión, intervindo o alcalde do seu concello natal, Castro de Rei, Francisco Javier Balado, e a continuación falará a homenaxeada.

A organización da semana entregará a Siro un agasallo representativo desta celebración. e, despois de convidar aos presentes á proxección de “Nación” de Margarita Ledo, ás 20,00 h. na deputación, e á inauguración oficial da Semana de Cine  ás 22,00 h.  no auditorio Gustavo Freire, pechará o  acto Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Actuará  o grupo de teatro Achádego e a banda oficial da Semana de Cine, dirixida por Armando Morales. De seguido proxectarase a primeira película das presentadas no ciclo oficial da semana: Mentes Marabillosas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com