0-1 Vitoria clave do Lugo que garante a permanencia

O encontro nos Pajaritos enfrontaba na tarde de onte a dous conxuntos que tiñan na barreira dos cincuenta puntos o seu obxectivo principal

O partido comezaba cun ritmo de xogo repartido entre ambos equipos. Os de Luís César, máis atrevidos e veloces na combinación interior, obrigaban ao seu rival ao repregamento intenso sobre propia área, nun bo traballo de balance colectivo en ataque e defensa. Miquel e Campillo probaban fortuna polos visitantes, e Villalibre por parte local, nun dos escasos intentos dun equipo que se defendía con moitas dificultades dos ataques lucenses, combinados entre chegadas interiores e balón cruzado.

Cunha gran acción de Carlos Hernández, que evitaba o tanto tras un perigoso rexeite defensivo, finalizaba unha primeira parte igualada no electrónico, aínda que con vitoria do equipo albivermello aos puntos.

A segunda metade mantiña o guión visto da primeira, cun CD Lugo protagonista do desenvolvemento do xogo, e un CD Numancia á espera dos contragolpes ás costas rivais.

O período mantíñase igualado entre ambas as propostas, con equilibrio patente, aínda que con mellores sensacións por parte do Lugo que atopaba o seu merecido premio. Sería a balón parado, e nun gran movemento tras saque de esquina, cando Joselu, máis veloz que a zaga rival, remataba sen contemplacións nun croque imparable para Aitor. Vantaxe moi merecida a que cristalizaba no marcador do CD Lugo, facendo xustiza aos méritos mostrados polo equipo. O CD Numancia lanzábase entón a recuperar a igualada coa entrada de Soa e Íñigo Pérez, tratando de acumular efectivos nas inmediacións da área visitante, buscando optimizar a consecución de segundas xogadas tras envío directo. Fronte a isto, as acometidas dos albivermellos, reflectidas nas ocasións de Iriome e Joselu que rozaban o segundo gol.

Remataba o partido coa vitoria do CD Lugo o que lle daba tres puntos de ouro, e  garántenlle a permanencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com