Os socialistas de Vilalba reclaman a creación dun parque biosaudable

O Grupo Municipal Socialista demanda a creación dun “parque biosaudable nas proximidades do casco urbano de Vilalba, destinado a fomentar a actividade física das e dos máis maiores do municipio”. Reclaman asemade  “que os aparellos retirados hai máis de dous anos do paseo fluvial da Área Recreativa da Madalena que aínda seguen almacenados e sen reparar nunha nave municipal se amñen”.

Desde a agrupación denuncian a acumulación de pezas inutilizadas e “a falta de compromiso do goberno vilalbés, que incumpriu a súa palabra ao non telas arranxado e recolocado noutro emprazamento, tal e como afirmaron en reiteradas ocasións”.

“En abril do 2014 pedimos explicacións ao alcalde, pois os aparellos estábanse a deteriorar sen que se ofrecese ningunha alternativa durante un amplo periodo de tempo; agora retomamos esa cuestión solicitando un parque biosaudable nas inmediacións do casco urbano”, declarou a voceira dos socialistas, Elba Veleiro.

Por este motivo, propoñen que a ubicación do parque saudable que demandan sexa” a zona verde que dá entrada ao polígono industrial das Sete Pontes, en lugar de telo empregado irregularmente como aparcadoiro”. Os socialistas consideran que se trataría do lugar máis idóneo por varios motivos “está cerca do casco urbano, atópase nunha ruta frecuentemente transitada pola veciñanza nas súas camiñatas diarias”.

Para Veleiro trátase dunha proposta que reportará beneficios para todos os veciños e veciñas, pensando especialmente “en incrementar o benestar e saúde física dos nosos maiores, tendo en conta tamén o envellecemento da poboación e o incremento de hábitos de vida pouco saudables”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com