12, 7 e 5 anos de prisión para os propietarios e as encargadas dun club de alterne en Lugo

O Ministerio Fiscal solicitará o vindeiro martes, 19 de novembro, ante a Audiencia Provincial 12, sete e cinco anos de prisión respectivamente para os catro acusados de diversos delitos en relación á prostitución e á trata de seres humanos sendo propietarios e encargadas dun clube de alterne de Lugo.

Segundo relata o escrito da Fiscalía, entre xuño de 2011 e abril de 2013, os catro acusados acordaron entre sí “a fin de obter un lucro económico notable” a explotación sexual de mulleres de nacionalidade estranxeira. A actividade levábase a cabo nun club de alterne propiedade de dous dos acusados (FJ.R.F e E.J.) e no que as vítimas vivían. Ademáis, o club era rexentado e controlado polos dous acusados conxuntamente coas encargadas do local, tamén acusadas (F.G.C. e LM.S.S.).

As mulleres que exercían a prostitución neste establecemento, carecían de permiso de traballo no país polo que non tiñan contrato laboral, alta na Seguridade Social nin dereitos laborais; asemade, padecían condicións de traballo e de convivencia de gran dureza “encamiñadas a obter as maiores ganancias posibles pola actividade”. Así, as vítimas tiñan a obriga de pagar altas cantidades de cartos para pernoctar, comer e, incluso, acceder ao clube e traballar nel, ademáis de entregar á organización todos os cartos obtidos dos seus servizos, dos cales lles devolvían algún ao final do día. Todo isto, baixo ameazas, insultos e represalias ás vítimas e nunhas condicións hixiénicas que a propia fiscalía cualifica como “paupérrimas”, sen calefacción nin auga quente.

Unha das encargadas do club e acusada (F.G.C.), contactou en Brasil cunha prima á que trouxo a Galicia baixo promesas de grandes condicións laborais, e obrigouna, posteriormente e tras arrebatarlle todos os cartos que traía, a exercer a prostitución no local.

Aos catro acusados impútanselle dous delitos de Prostitución, polo que se lles impón unha pena de 3 anos de prisión a cada acusado, e un delito contra os Dereitos dos Traballadores polo que pagarán FJ.R.F. e E.J. outros catro anos de cárece, por outro lado as encargadas do local, LM.S.S. e F.G.C., pagarán 2 anos e seis meses de prisión por este mesmo delito ; asemade, F.G.C. responderá tamén ante un delito de Trata de Seres Humanos, polo que se lle imputan outros seis anos e seis meses de prisión.

Así, o Ministerio Fiscal solicita para FJ.R.F. e E.J., un total de 7 anos de prisión e 30 meses de multa a pagar 12 € diarios; para LM.S.S., a Fiscalía pide cinco anos e seis meses de prisión e 27 meses de multa nas mesmas condicións que os anteriores; e, para F.G.C. pola suma de todos os delitos, o Misnisterio Fiscal reclama 12 anos de prisión máis unha multa de 27 meses.

Dúas testemuñas protexidas, ambas vítimas deste presunto delito, declararán tamén ante a Audiencia Provincial  de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com