13 toneladas de tapóns de plástico para pagar medicamentos

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, fixo entrega dun novo talón que permitirá a Julia Ortiz, enferma crónica, afrontar o pago dos seus medicamentosa.

Fíxoo acompañada da Concelleira de Asuntos Sociais, Ana González; a Presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Lugo, Ana Prieto; a Presidenta de Honra de Apsnais, Concepción Teijeiro; o Presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Ceao e Director de Allplas, Ángel López; o Director de PRELO, Manuel López; o Director de Recikla2, Antonio Fernández; o Director de Reciclajes Contemar, Miguel Abel; e os responsables da organización da selección do Banco de Tapóns de Lugo, Teresa Sanjuan e Consuelo Varela.

O importe recadado nesta ocasión, 2.600 euros conseguidos grazas á recollida de 13 toneladas de tapóns, foi entregado a Angie Camila, neta de Julia Ortiz, co fin de sufragar os gastos farmacéuticos da súa avoa, moi elevados por mor da patoloxía crónica que padece, esquizofrenia paranoide. O pago efectuarase mensualmente, de xeito fraccionado, entregando o importe directamente á farmacia.

A Deputación de Lugo colabora coa campaña Os tapóns dan vida e coidan do medioambiente, encargándose de parte da recollida dos tapóns cos medios do Parque Móbil en diferentes puntos da provincia, xuntando toneladas de plástico para recadar fondos que financian distintas iniciativas grazas á solidariedade dos lucenses.

Todas as entidades que colaboran no proxecto perseguen a mellora da calidade de vida das persoas que teñen dificultades para o desenvolvemento normal das súas actividades cotiás. Deste xeito, traballan para poñer freo ás desigualdades sociais que van en detrimento do benestar dos máis vulnerables, con especial atención á infancia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com