130 cintas compoñen a 41 edición da Semana do Cine

O presidente do Grupo Fotocinematográfico  Fonmiñá, Xulio Xiz,xunto co director da Semana Internacional de Cine de Lugo, Manuel Curiel e diferentes autoridades, presentaron hoxe a que será a 41 edición deste festival filmográfico. A cita, que se vén celebrando anualmente dende o 1979, terá lugar entre o 21 e o 26 de outubro.

Durante 41 Semana do Cine de Lugo proxectaranse un total de 130 filmes, que estarán divididos en 10 ciclos. Destes, 112 serán gratuítos, sendo de pago só o ciclo infantil, con entradas a 2,50€, Xoias do Ano, a 4€ e o ciclo Oficial, que terá un prezo de 5€.

Ademais, as persoas que acudan ás proxeccións do ciclo Oficial, recibirán cada día unha publicación do Grupo Fotocinematográfico  Fonmiñá como agasallo: o luns, un libro dedicado ao histórico membro de Fonmiñá, Juan Carballal; o martes, 40 Semanas de Cine en Lugo, publicación realizada polo Grupo Fonmiñá o ano pasado que recompila os programas dos 40 anos de historia da Semana; o mércores, o libro estará dedicado a Rosario Dúrcal, a actriz homenaxeada na edición do 2018; o xoves, 41 semanas, 41 carteis, unha recompilación en tamaño A4 dos 41 carteis que anunciaron a SICA ao longo do tempo; o venres, Antonio Mourelos, o lucense que recibe a homenaxe da Semana nesta 41 edición; e, para rematar a semana, o sábado agasallarase o libro Históricos da Fotografía Lucense, a historia da fusión entre a Agrupación Fotográfica Lucense e o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá.

Como novidade deste ano, dentro do parque de frigsa, o tramo de camiño da avenida da Coruña ao auditorio municipal Gustavo Freire, acollerá o Paseo do Cine de Lugo, que conterá placas homenaxeando a figuras de Lugo que foron importantes no mundo do cine. Neste ano, colocaranse as dúas primeiras placas, homenaxeando a Antonio Mourelos e a Prudencia Grifell.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com