16 persoas aprenden en Navia de Suarna nun obradoiro sobre deshidratación de alimentos

16 persoas participaron hoxe no obradoiro gratuíto sobre Deshidratación de froitas e hortalizas, que ofreceu a Deputación, dentro da programación de actividades medioambientais  nos Ancares Lucenses para o primeiro trimestre do ano. Así o explicou o Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, quen destacou que “este era un curso destinado a achegar coñecementos prácticos e teóricos que permitan aos participantes deshidratar froitas e hortalizas e a concienzalos sobre a necesidade da aplicación das boas prácticas de Manufactura, que contribúa a apreciar o valor de mercado dos nosos produtos”.

Fernández Queipo, subliñou que “o Goberno da Deputación busca contribuír á conservación da contorna medioambiental e poñer en valor os recursos da zona e a gastronomía deste espazo natural da rexión dos Ancares Lucenses, que abrangue os Concellos de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá”.

O obradoiro tivo unha duración de 4 horas nas que os participantes aprenderon as características organolépticas dos alimentos deshidratados e liofilizados; a aplicación de técnicas tradicionais de conservación de alimentos perecedoiros; e o impacto medioambiental do uso de aparatos para o proceso a seguir polo método de secado.

A través deste tipo de iniciativas, o Goberno busca fomentar entre a cidadanía valores relacionados coa conservación e mantemento do medio ambiente, e ao mesmo tempo dar a coñecer a contorna natural da provincia, co fin de aprender a respectala e coidala.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo