16 veciños coñecen as instalacións do Centro de Maiores de Trabada na xornada de portas abertas

16 veciños de Trabada coñeceron hoxe as instalacións do Centro de Maiores que Deputación e Concello construíron no municipio. A Alcaldesa e Deputada en funcións, Mayra García Bermúdez, mantivo un encontro con veciños na xornada de portas abertas que tivo lugar hoxe, e na que puideron coñecer de primeira man as instalación e os servizos que ofrece esta dotación social, que xa conta con 10 usuarios.

O vindeiro luns convocouse unha comisión de valoración para resolver outras 12 solicitudes. É dicir, a vindeira semana entrarán na residencia outros 12 usuarios. Destas 12 solicitudes, 4 son de veciños de Trabada, 2 de Mondoñedo, 2 de Lourenzá, 2 de Viveiro, 1 de Alfoz e 1 de Foz. O centro dispón de 30 prazas de residencia e 20 de centro de día. Primeiro entrarán os maiores que solicitaron o réxime residencial, e a continuación farano as persoas  que soliciten só o servizo de centro de día.

García Bermúdez explicou que “trátase da primeira xornada de portas abertas que celebramos no centro. En total apuntáronse 16 persoas, que puideron coñecer as instalacións e o seu funcionamento ao longo de toda a mañá”. Ademais, subliñou que “as incorporacións vanse facendo pouco a pouco para respectar o período de adaptación das persoas, o que buscamos é non masificar o centro de golpe. Por iso, procuramos que o mesmo día non entre un volume moi elevado de usuarios, senón que vaian accedendo de forma escalonada para que se poidan ir coñecendo e a adaptación sexa o máis sinxela posible”.

Esta xornada realizouse a petición dos propios veciños, tanto dos posibles usuarios como das súas familias, que queren coñecer as distintas instalacións, como se vive no centro, que actividades se realizan… e rematou despois da comida, que estivo adaptada á necesidade de cada unha das persoas (diabéticos, comida sen gluten, baixa en calorías, sen sal, etc).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com