" />

17 novos positivos por Coronavirus detectados no día de onte e logo dunha fin de semana de repunte de casos, frea o descenso da Covid

Luns previo ao Nadal e as novas esperanzadoras do avance da Covid non están de todo craras. Se o venres pechábamos este informativo cun reconto de tan só 7 novos positivos confirmados por PCR e un descenso significativo do número de casos activos, hoxe a balanza parece que quixera dar a volta. Así, con 17 positivos novos confirmados na área de Lugo, así como dous días de repuntes nos novos casos detectados con 37 e 26 confirmacións notificadas polo SERGAS o sábado e o domingo respectivamente. 

Con todo, e malia a freada que supuxo este gran número de contaxios detectados durante a fin de semana, a baixada de casos activos continúa a ser unha realidade debido as altas médicas recibidas tamén durante estes tres días. O total de casos activos está hoxe en 369,  32 casos menos que o pasado venres. 

En canto á presión asistencial, continúa bastante estable, aínda que sen descender demasiado. En total, nas plantas de hospitalización dos tres centros da provincia suman un total de 14 pacientes covid, 3 menos que o venres. Na UCI do HULA, en cambio, mantense o mesmo número de persoas infectadas que a pasada semana, con 6 camas ocupadas.

A boa nova son as 6286 persoas que xa superaron a enfermidade dende o inicio da Pandemia e Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo