28 de abril: “política de progreso, social e diálogo ou de retroceso, vulneración e confrontación”

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, valorou este venres o adianto electoral avanzado polo Presidente do Goberno Central, Pedro Sánchez, que terá lugar o 28 de abril.

Santos destacou que “Sánchez volve a demostrar que os socialistas situamos os intereses dos cidadáns por enriba de todo, que para nós o primeiro son as persoas, os nosos veciños. Nos últimos 8 meses, o PSOE demostrouno, en primeiro lugar, presentando unha moción de censura sen negociación previa algunha, con valentía e madurez, para erradicar a peor lacra de corrupción que estaba instalada na Moncloa e nas institucións cun Goberno no Estado do PP, un partido recoñecido por sentenza xudicial como corrupto, financiado ilegalmente”.

“Estando no Executivo Central e cunha situación parlamentaria de difícil gobernalidade e de pactos; os socialistas empregamos todos os recursos administrativos e de xestión posibles para cambios e avances sociais. A través de Real Decreto e en Consellos de Ministros, aprobamos suba das pensións por primeira vez en moitos anos por riba do IPC e despois de que o PP as mantivese en mínimos histórico do 0,25%; incrementamos o salario mínimo interprofesional; devolvemos a universalidade da sanidade pública que nos arrebatara o PP; habilitamos a devolución das retencións aplicadas polo permisos de paternidade ou maternidades a moitas familias…Fixemos posibles cambios e avances sociais a pesares de atoparnos sempre o rexeitamento do PP e Cs, que dixeron non á suba das pensións ou do Salario Mínimo Interprofesional”.

O socialista avanzou que o seu partido segurá explicando “as mentiras da dereita”, que, segundo valorou, quedaron retratadas co Pacto de Colón. En opinión de Santos, a dereita dividiuse “intencionadamenta para mentir descaradamente e tentar enganar á sociedade” para conseguir chamar a máis votantes “os máis retrógradas, radicalizados e máis agresivos contra a nosa sociedade”. “O Pacto de Colón é o retroceso social, o ataque ás mulleres, o retroceso na igualdade de oportunidades para todos por cuestións de xénero, condición social, sexual, económica, étnica, traballo…E tamén o interese económico, o interese de estar nas institucións para nutrirse economicamente como desvelou xa a xustiza do Partido Popular”, criticou Santos Ramos.

Segundo Santos Ramos, os independentistas están absolutamente necesitados da confrontación cun goberno para manterse. Non lles interesan vías de resolución de conflitos ou discrepancias entre unha institución tan democrática como o Parlamento de Cataluña e outra tan democrática, nunca menos, como o Goberno do Estado. “Uns buscando o retroceso social e outros a necesaria confrontación para subsistir pactaron tombar uns orzamentos sociais e pensados nas persoas, imposibilitando máis cambios e avances para o benestar e a mellora da nosa sociedade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com