" />

283 luminarias darán luz ao paseo do Rato

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez,, xunto ao Presidente da Deputación, Darío Campos, estiveron presentes no inicio das obras de colocación das novas luminarias no paseo do río Rato. 283 farolas que iluminarán tanto o paseo a pé de río como a estrada que o bordea, unha petición dos veciños que hoxe comeza a tomar forma. Segundo anunciou o presidente da Deputación, coa achega de case 750.000 euros que dedica o ente provincial a estas obras “dáse resposta a unha gran demanda da veciñanza de Lugo”.

Campos Conde destacou que “así se garante máis visibilidade e seguridade para todos os veciños que empregan este espazo público a diario para facer deporte, pasear ou calquera outro tipo de actividade, durante as horas de menos luz solar, ao tempo que poñemos en valor o cinturón verde da capital lucense, duns 10 quilómetros, á beira do Rato e do Miño”.

“En total dotaremos ao paseo do Río Rato de 283 novos puntos de luz LED ecolóxicos, dos que 103 se situarán na estrada e 144 no paseo. Tamén se instalará un sistema informático que permitirá controlar cada un dos 283 puntos de luz, así como regular a súa intensidade lumínica co fin de aforrar custos ao poder adaptala ás condicións climatolóxicas. A súa intensidade oscilará entre os 179 e os 12,5 vatios, tendo en conta a súa ubicación, para respectar o medio ambiente de toda esta zona” informou o Presidente da Deputación.

Méndez López destacou “a sensibilidade da Deputación coas melloras na cidade de Lugo, no só no Paseo do Rato, senón tamén no desdobramento da Avenida da Duquesa de Lugo, ou co Plan Único, co que melloramos os servizos públicos que ofrecemos aos veciños de Lugo”.

A Alcaldesa lembrou que “este proxecto obedece ao modelo que defende o Goberno Municipal, de recuperar o uso das zonas verdes, a facer unha cidade máis amable e máis cordial, e de mellorar a seguridade nesta zona que viu incrementado o número de usuarios desta vía ao non ter a ronda leste que levamos demandado durante tanto tempo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo