" />

Máis dunha trintena de artistas participan no XVI Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo

33 artistas chegados de distintos lugares de Galicia e España, concorreron este domingo no XVI Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo. A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, destacou a participación acadada este ano e que consolida o seu prestixio a nivel nacional. O pintor Juan Carlos Triñanes de Rianxo resultou gañador desta edición, mentres que na categoría de artista local o vencedor foi Manuel Carreira.

Dende primeira hora da mañá, os pintores participantes escolleron un lugar entre os múltiples espazos contemplados nesta edición, que amplía o tradicional escenario do recinto amurallado ao barrio da Ponte, o parque da Milagrosa e o MIHL, o paseo do Miño e a súa pasarela peonil, no que traballar á vista de curiosos, transformando deste xeito a cidade nun grande estudo de pintura ao aire libre.

O xurado, que estivo composto polos artistas Mónica Alonso, Xoán Vila e Jorge Espiral, reuniuse diante da Casa Consistorial para valorar os 33 cadros presentados a concurso e destacou o alto nivel dos participantes.

Tras deliberar, os membros do xurado decidiron outorgar os premios aos seguintes participantes:

1º premio de 1.500 euros e diploma a Juan Carlos Triñanes Buceta.

2º premio de 1.000 euros e diploma a Raúl Gil Burés.

3º premio de 800 euros e diploma a Manuel Ángel Serantes Morán.

Os seis accésits de 300 euros e diploma corresponden aos seguintes autores:

1.- Isabell Seidell.

2.- José Luis Riestra Alonso.

3.- Piedad Santamaría Pascual.

4.- Julio Gómez Mena.

5.- Eduardo Baamonde.

6.- Diego Manuel Fernández González Columé.

O premio especial de 450 euros e diploma ao artista local foi para Manuel Ángel Carreira Varela.

Exposición dos cadros participantes

A partir do momento do ditame do xurado, que tivo lugar na Praza Maior, os autores dos cadros non premiados tiveron a posibilidade de poñer á venda as súas obras, asinándoas e poñéndolles na parte traseira o seu importe. A exposición ao aire libre prolongouse ata a tardiña e sumou gran cantidade de público. Entre os días 13 e 17 de xullo realizarase unha exposición de todas as obras premiadas no corredor da Casa do Concello.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo