40 traballadores da Deputación recibiron formación para o manexo de desfibriladores

O Deputado de Goberno Interior, Miguel Ángel Sotuela Vega, fixo entrega esta mañá dos diplomas aos 40 traballadores da Deputación que participaron no Obradoiro de Reanimación Cardiopulmonar e Desfibrilación Externa, que puxo en marcha o Executivo Provincial. A formación desenvolveuse en 5 quendas durante os últimos meses. Deste xeito, os traballadores que participaron neste curso dispoñen da formación necesaria para poder atender a calquera cidadán ante unha posible situación de emerxencia, empregando para tal fin os aparatos desfibriladores instalados nos distintos edificios dependentes da Deputación.

Durante o obradoiro, os traballadores familiarizáronse co dispositivo sanitario e enfrontáronse a unha simulación de parada cardíaca para activar o protocolo de actuación, que consistiu en colocar os electrodos ou parches sobre un boneco e seguir as indicacións da máquina desfibriladora.

Na actualidade, o organismo provincial conta con 4 aparatos desfibriladores externos semiautomáticos (DESA), que se atopan no Museo Provincial, o Fogar de Santa María, o Pazo de San Marcos e o Pazo dos Deportes. O Executivo Provincial prevé instalar máis aparatos, no resto de centros de titularidade provincial.

Estes desfibriladores que instalou o Executivo diagnostican e tratan paradas cardiorespiratorias producidas por unha fibrilación ventricular. O DESA, que funciona cando a parada é producida por este problema cardíaco, ten un éxito do 75% se se aplica entre os primeiros 3 a 5 minutos. A finalidade do desfibrilador é a de reverter unha parada cardíaca aplicando descargas eléctricas para devolver ao corazón ao seu ritmo habitual.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com