O mellor rugby darase cita este sábado en Lugo no primeiro dos tres partidos da Galeuscat Rugby Cup

O mellor rugby darase cita este sábado en Lugo no primeiro dos tres partidos da Galeuscat Rugby Cup, que disputarán as seleccións absolutas masculina e feminina de Galiciaa, País Vasco e Cataluña e que foi presentado esta mañá na Deputación de Lugo.

O presidente do Muralla Rugby Club e vicepresidente da Federación Galega de Rugby, Fernando Rois, explicou que se trata do único torneo oficial no Estado español entre seleccións autonómicas e indicou que se disputará en tres encontros: este sábado día 30 enfrontaranse as seleccións masculina e feminina de Galicia e País Vasco en Lugo, o 6 de xuño enfrontaranse País Vasco e Cataluña en Getxo, e o 13 de xuño enfrontarnase Galicia e Cataluña nas Pontes.

O encontro deste sábado entre as seleccións de Galicia e País Vasco disputarase no estadio das Pedreiras a partir das 16:15 horas, pero durante todo o día haberá toda unha serie de actividades que converterán a xornada nunha “festa do rugby”, afirmou Fernando Rois. Así, desde as 11:00 horas terá lugar unha concentración das categorías inferiores de todos os clubs que xogan a Liga Galega e que reunirá máis dun cento de nenos e nenas sub 12 de equipos de Galicia e o Bierzo, que tamén compite na Liga Galega.

Asemade terá lugar o enfrontamento entre as seleccións femininas absolutas de Galicia e País Vasco na disciplina de Rugby Seven, que xogarán tres partidos ás 11:00 horas, ás 14:00 horas e ás 18:15 horas, polo que “este sábado no estadio das Pedreiras haberá rugby durante todo o día”, afirmou Rubén López, xogador de Rugby e alma mater da Galeuscat Rugby Cup, que animou aos afeccionados lucenses a acudir porque “poderá verser o mellor rugby do Estado español, tanto en categoría masculina, onde destaca a selección de Euskadi, como en categoría feminina, onde destacan as xogadoras galegas do Crat da Coruña”.

A representación lucense no torneo está cuberta por parte de dúas xogadoras e un xogador do Muralla Rugby Club convocados coa selección galega.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo