600 traballadores de Correos son chamados aos paros parciais e á folga xeral do 30 de abril e 4 de maio contra o recorte de emprego

Comisións Obreiras, UGT, CSI, e Sindicato Libre, co 80% da representación en Correos, cualificaron hoxe de irresponsabilidade política e provocación, a aplicación do maior recorte de persoal na historia da empresa pública, e que se tradúce na supresión de más de 15.500 postos de traballo dende o ano 2010.

Os sindicatos convocan para mañá xoves aos máis de 600 traballadores do equipo, para secundar os primeiros paros parciais, participando nunha concentración que se realizará en Lugo, na rúa Juan Montes, fronte á carteiría, dende a unha e media da tarde, para protestar polo bloqueo da negociación colectiva e o Acordo Xeral, pendente dende hai máis de ano e medio.

As organizacións sindicais cualificaron de provocación do Goberno, especialmente do SEPI, Facenda e dos directivos de Correos, e de ineficacia na xestión ante un conflito formulado dende hai ano e medio, que mantiveron nun segundo plano ao desoír as reivindicacións das organizacións sindicais, e ao non formular propostas serias para os máis de 52.000 traballadores.

Os sindicatos sinalaron que os paros do 30 de abril en toda o estado, son o preludio da folga xeral do 4 de maio, e dun proceso de mobilización ascendente, que comprende dous paros parciais máis, o 13 e 14 de maio en Madrid, e o 21 en todo o Estado, e outras dúas folgas xerais que terán lugar o 14 e o 15 de maio en Madrid, e o 22 novamente en todo o estado.

Dende sindicatos afirman que a única saída do conflito, pasa por alcanzar un novo convenio colectivo e acordo xeral, que poña freo aos axustes e recortes de emprego que se veñen producindo, e contemple un salario digno, a recuperación do poder adquisitivo con incrementos salariais tras anos de conxelación,  así como a estabilidade, a consolidación do emprego e o mantemento da ultraactividade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com