" />

63 persoas foron identificadas pola Policía Autonómica nos controis das medidas de prevención da Covid19

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana 20 dispositivos na provincia de Lugo no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 11 inspeccións en 5 concellos da provincia na pasada fin de semana, nas que se rexistraron 63 identificacións e se formularon dúas denuncias.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 13 e o 15 de novembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Os operativos leváronse a cabo nos municipios de Chantada, Cospeito, Lugo, Monforte de Lemos e Sarria.

No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 24 concellos, sumando 102 inspeccións, con preto de 600 persoas identificadas e 41 denuncias tramitadas.

Estes dispositivos enmárcanse no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo