900 atletas e 6 marcas avalan a Copa Deputación como unha das grandes citas do atletismo

Preto de 900 atletas federados participaron nas dúas primeiras xornadas da Copa Deputación de Atletismo, trátase dunha competición enmarcada dentro do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, na que poden participar atletas galegos e de calquera outra comunidade con licenza en vigor da Federación Española de Atletismo.

As marcas acadadas durante as probas serán validadas no ránking Galego e Nacional como marcas mínimas para a participación noutros campionatos, tanto nacionais como internacionais. O Executivo Provincial fai unha achega de 6.000 para a organización desta cita, facendo posible por noveno ano a súa celebración.

A Copa Deputación aséntase na súa IX edición como unha cita consolidada do atletismo galego, grazas a participación de deportistas de toda a provincia, así como doutras cidades de Galicia, como Ourense ou Ferrol, a Coruña, Vigo ou Vilagarcía.

Na segunda xornada celebrada esta fin de semana nas pistas do Gregorio Pérez Rivera, 5 atletas conseguiron as marcas mínimas para participar nos campionatos de España de diferentes categorías: Javier García, na proba de 60 ML, Adiaratou Iglesias, en 60 ML e en 200 ML, e Estela Fernandez, en 60 MV, participarán no Campionato de España Sub23 que se celebrará en Salamanca os próximo 8-9 febreiro; Lucas Fernández e Jacobo de la Iglesia, lograron a marca mínima para participar na proba de 60 ML, no Campionato de España Sub18 en Sabadell o 10 de marzo.

A próxima fin de semana celebrarase a derradeira das xornadas deste evento deportivo, unha nova oportunidade para que os atletas, de diversas categorías, consigan as súas marcas para participar nos campionatos nacionais e internacionais.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Soydelujoynoloniejo
    Xan 28, 2019 - 07:45 PM

    Faria frio ou????🤦😅🤣 https://t.co/TJpxkQ9vsW

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com