O vindeiro luns, 26 de maio, comeza o xuízo polo crime de Cristina Cabo Buján, a moza que foi brutalmente asasinada o 27 de novembro de 2022 na súa propia casa, na rúa Quiroga Ballesteros. O acusado José Uriel Valencia, enfróntase a unha pena de 30 anos de prisión por matar a Cristina asestándolle 47 puñaladas.
O autor confeso da morte de Cristina será xulgado a partir deste luns por un xurado popular na Audiencia Provincial de Lugo nunha vista que se celebrará durante tres días e na que presentarán declaración varias testemuñas e peritos, así como axentes da Policía Nacional.
O xuízo centrarase en dilucidar si Uriel Valencia, que xa confesou o crime, é culpable de asasinato ou homicidio, xa que a condena é diferente.