O Concello publica a primeira listaxe de solicitudes para as axudas de libros e material escolar do curso 2025-2026

A edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, anunciou que a concellería de Educación xa recibiu e revisou as solicitudes presentadas para optar ás axudas de libros de texto e material escolar dirixidas a familias con baixos recursos económicos.

Segundo informou, presentáronse un total de 711 solicitudes, das cales xa se publicou unha primeira listaxe de admitidas, admitidas con documentación pendente e excluídas. Estas listaxes poden consultarse no Taboleiro de Anuncios do Concello de Lugo e no do Servizo de Educación. A partir de agora, ábrese un prazo de 10 días hábiles para a subsanación de erros ou a achega de documentación faltante.

Como novidade este ano, as bases permiten incluír entre os materiais subvencionables elementos como botellas reutilizables de auga ou xogos específicos recomendados polos centros, sempre que estean xustificados. A dotación total da convocatoria é de 40.000 euros, repartidos en 400 cheques de 100 euros cada un. O único criterio de baremación é a renda per cápita da unidade familiar, cun tope do 85% do IPREM.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com