Presentación de Ciclo Experimenta!

A Asociación Cultural Teleclube de Lugo Trini López e Chus Rodríguez de Teleclube, xunto coa responsable de cultura, presentaron esta mañá na Deputación o Ciclo Experimenta!

O Ciclo Experimenta!, é unha proposta de músicas innovadoras no corazón da cidade de Lugo que este ano contará coas actuacións de Basabi, Amanda Mur e Cintaadhesiva os días 22, 23 e 24 de xullo.

A Capela de Santa  María e o xardín do Pazo de San Marcos acollerán os concertos, nos que se coida especialmente a localización en busca de
espazos que enriquezan a experiencia sonora.

Data e horario dos concertos:

Martes 22 de xullo. Capela de Santa María. 20.30 horas.

BASABI, dende Bilbao, conxunto de música de cámara acompañado de txalaparta, presentarán o seu novo traballo ‘Oma’. Previamente
proxectarase a curtametraxe ‘Zuhaitzen Memoria’ de Josu Venero.

Mércores 23 de xullo. Xardíns do Pazo Provincial de San Marcos. 20.30 horas.

AMANDA MUR, de Cantabria, co seu disco de debut ‘Neu Om’, nunha complexa mestura de estilos, estruturas e influenzas clásicas e contemporáneas.

Xoves 24 de xullo. Capela de Santa María. 20.30 horas.

CINTAADHESIVA, da Galiza, a proposta poético-musical que integra as creacións do compositor Jesús Andrés Tejada e as poesías e performances de Silvia Penas nun conxunto que se deu en chamar ‘e-Poesía’, nesta actuación incorporarán os visuais de María Rojas.

Foto: Cintaadhesiva.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com