Un mozo perde a vida nun accidente en Xermade

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse pasadas as cinco desta tarde na LU-540, ao paso por Roupar, en Xermade. Unha testemuña do accidente púxose en contacto co 112 para alertar do que sucedía e explicou que o coche saírase da vía e chocara contra un paso de acceso a unha leira e a persoa que ía no interior non respondía a estímulos.

Con esta información, activáronse os protocolos correspondentes para unha reposta coordinada, que garantise a atención do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba, dos voluntarios de Protección Civil de Xermade e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Aínda así, nada puido facerse por salvar a vida deste condutor, que tivo que ser liberado polos bombeiros do parque comarcal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com