O PP presenta o seu proxecto de espazos de baño público no Miño para o disfrute dos lucenses “seguros, accesibles e respectuosos co medio ambiente”.
O epicentro da proposta sitúase na contorna dos Robles, onde se iniciaría a primeira fase cunha piscina ao aire libre con elementos de xogo acuático; o proxecto inclúe tamén a recuperación do caneiro do Chapuzo e o acondicionamento do borde do río para que quen o desexe poida bañarse directamente no Miño tanto neste punto como na Tolda, na contorna da UNED, completando así unha rede de espazos de lecer integrados no noso modelo de cidade