O lume avanza cara o Courel mentres ameaza a localidade de Centeais en Quiroga

O incendio de Larouco con preto de 20.000 hectáreas calcinadas xa é o máis devastador da historia en Galicia. O lume que entrou á provincia de Lugo por Quiroga, ameaza a localidade de Centeais e continúa o seu avance cara a comarca do Courel.

Durante a xornada deste martes, varias autoridades visitaron a zona par supervisar o dispositivo de extinción, entre elas a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez e María José, Conselleira de Medio Ambiente.

Isabel Rodríguez reuniuse cos mandos da UME no posto de mando avanzado  que a Unidade Militar de Emerxencias emprazou no municipio xunto co  alcalde de Quiroga, José Luis Rivera. Posteriormente trasladouse ao  concello de Ribas de Sil, onde mantivo un encontro co seu alcalde, Roberto Castro.

Asemade o Concello de Lugo enviou hoxe un destacamento especial do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento para colaborar nas tarefas de extinción dos incendios forestais que afectan a Galicia. A unidade, que se despraza ao posto de mando avanzado en Quiroga, está formada por un total de 16 efectivos entre bombeiros e mandos.

O operativo estrutúrase en quendas de 4 ou 5 profesionais cada día, cun mando responsable en cada grupo. O desprazamento inclúe un vehículo de extinción, outro de transporte de persoal e materiais, así como o equipamento completo de intervención en incendios forestais, co obxectivo de garantir autonomía e capacidade de resposta inmediata sobre o terreo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com