Nova campaña arqueolóxica no castro do Teso da Ermida en Navia de Suarna

A Xunta ven de iniciar unha nova campaña arqueolóxica no Castro do Teso da Ermida, en Navia de Suarna, para continuar coa investigación e posta en valor deste conxunto de grande interese histórico e cultural no que xa se levan investidos preto de 120.000€ desde o ano 2020. Trátase dunha intervención que ten como obxectivo a mellora o espazo de visita aos restos, ampliando e completando a escavación e creando un itinerario de mellor acceso e interpretación para o público que visite o xacemento arqueolóxico.

Deste xeito, as labores consistirán na investigación e documentación, mediante levantamento topográfico xeorreferenciado con fotogrametría 3D, na escavación con metodoloxía arqueolóxica dunha área duns 60 m², no estudo pormenorizado dos materiais mobles recuperados ou en traballos de conservación e acondicionamento básico.

Ademais, inclúense accións de difusión entre as que se atopan unha visita guiada ao xacemento unha vez rematada a actuación e unha conferencia e un vídeo divulgativo sobre o castro.

Esta intervención está organizada ao abeiro do Plan de actuacións arqueolóxicas que cada ano se pon marcha desde o Goberno galego para garantir a conservación do patrimonio máis sobranceiro da Comunidade. En total, destinaranse este ano 1,5 millóns de euros para 81 accións en xacementos por toda Galicia, que se realizarán en solitario ou en colaboración con institucións académicas e concellos. Este plan inclúe tarefas que van desde escavacións, limpezas, prospeccións, reparacións e labores de consolidación, ademais de traballos paralelos de documentación para o desenvolvemento de accións divulgativas, así como outras xestións necesarias para a salvagarda do patrimonio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com