Un ciclista perde a vida logo de sufrir un atropelo en Xermade

Segundo informa o 112 Galicia recibiu o aviso por mor deste accidente sobre as 11:20 horas, momento no que un particular fixo uso do número único de emerxencias para explicar que un ciclista sufrira un atropelo, no quilómetro 9 da LU-861.

Sen agardar, os xestores informaron do ocorrido ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Xermade.

Logo de que acudisen ao punto, confirmaron o falecemento do ferido, sen que nada se puidese facer por salvarlle a vida.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com