Adif adxudica a supresión de catro pasos a nivel en Sarria

Adif adxudicou as obras de supresión de catro pasos a nivel na liña convencional Monforte de Lemos-Lugo-A Coruña, ao seu paso polo termo municipal de Sarria.

A actuación está enmarcada na modernización do corredor Ourense-Monforte-Lugo e mellorará a permeabilidade transversal, incrementando as condicións de seguridade para a mobilidade dos peóns e os tráficos ferroviarios e viarios. A clausura dos catro pasos a nivel, situados entre os PK 389/262 e 392/136 da liña, conleva o desmantelamento de todos os seus elementos, así como a disposición de barreiras de contención en cada unha das marxes para impedir o acceso á vía. A solución deseñada consiste na construción dun paso inferior baixo a liña ferroviaria nas inmediacións do actual paso a nivel do PK 390/344, que se suprime. Será unha estrutura en caixón de formigón armado in situ. Ademais, executaranse camiños de ligazón entre os pasos a nivel clausurados e outras infraestruturas de paso existentes.

A supresión destes catro pasos súmase ás actuacións en marcha para eliminar outros 19 pasos a nivel no traxecto Ourense-Monforte-Lugo (dous na cidade de Ourense, dúas en Monforte, nove no termo municipal de Sarria e seis en Lugo capital).

Fotografía: Paso a nivel termo municipal de Sarria. Adif.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com