Localizada unha menor cuxa desaparición fora denunciada

Unha dotación da Unidade Territorial de Policía de Barrio, cando realizaba patrulla preventiva pola rúa Montevideo, procedeu á localización dunha moza, de 17 anos de idade, cuxa desaparición fora denunciada con anterioridade, motivo polo cal foi trasladada a dependencias policiais, ao que accedeu de forma voluntaria.

Asemade os axentes de Policía de Barrio tamén auxiliaron a unha muller que se quedou encerrada nas galerías comerciais da Praza de Santo Domingo. Os axentes contactaron cunha veciña que lles facilitou a apertura do enreixado para que a muller puidese saír.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com