O grupo municipal popular propón completar de forma integral a mellora do acceso pola Fervedoira, estendendo a actuación ata a conexión coa Rolda Norte. O obxectivo é claro: garantir unha entrada segura, cómoda e ben iluminada, con espazo para peóns e cunha imaxe coidada para quen chega á cidade.
O que está anunciado
O goberno local prevé actuar nun tramo limitado:
- Dende a rotonda da rúa Montero Ríos ata o remate da zona urbana, 300 metros máis alá dos edificios de Adolfo Suárez, centrando a intervención na renovación parcial de servizos (saneamento) e unha nova capa de rodadura.
- Tamén se contempla executar a renovación da calzada e ampliación da mesma no tramo que vai dende o remate da zona urbana ata a rotonda prevista no PXOM.
Para os populares, o proxecto do bipartito é insuficiente e non resolve a longo prazo os problemas dun dos principais accesos á cidade.
A proposta do PP: completar e planificar
O Grupo Popular defende ampliar a intervención aproximadamente 1,5 quilómetros máis, ata enlazar coa Rolda Norte. Só así —sinalan— se evitarán embudes e tapóns e se dará resposta aos problemas históricos desta vía:
- Carrís estreitos.
- Pavimento deteriorado.
- Falta de beirarrúas continuas.
- Iluminación insuficiente.
- Ausencia de espazos seguros para colectores e paradas de autobús.
Política útil
Esta proposta que levarán ao pleno, segundo explican, “trátase dunha iniciativa que encaixa co modelo de mobilidade que defendemos, baseado na planificación, seguridade viaria e mellora dos accesos”.
Con anterioridade, os populares xa propuxeran actuacións en Nadela, reclamando mellor iluminación e humanización da travesía, e na estrada vella de Santiago de Compostela, defendendo beirarrúas e na estrada vella de Santiago , defendendo beirarrúas e intervencións integrais. Agora —sinalan— dan un paso máis coa proposta para a Fervedoira.






