Seguen os traballos de conservación na N-540 dentro do plan de mellora da rede estatal en Lugo

A subdelegada do Goberno en Lugo Olimpia López,  visitou os traballos de conservación do firme que o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible retomou tras a mellora do tempo. A actuación forma parte dun contrato plurianual para reforzar a rede estatal na provincia de Lugo.

Os labores actuais consisten no fresado e reposición do pavimento con afeccións limitadas ao tráfico. Posteriormente intervirase noutros puntos deteriorados da vía, como o tramo entre Chantada e Carballedo.

Segundo indicou, estas actuacións intégranse nun plan máis amplo de mellora das estradas estatais e lembrou que desde 2018 o Executivo central investiu máis de 120 millóns de euros na provincia, sinalando tamén a importancia da coordinación con administracións como a Xunta de Galicia nas vías da súa competencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com