Transportes cortará un carril da A-6 no túnel de Pedrafita por obras de renovación do firme

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible continúa executando as obras de mellora e modernización de varios túneles do porto de Pedrafita, situados entre os puntos quilométricos 407 e 464,5 da autovía A-6. As actuacións afectan aos túneles de Cereixal, Doncos, San Pedro e Pedrafita, na provincia de Lugo.

Nesta fase dos traballos executarase a renovación do firme no túnel de Pedrafita. Por este motivo, e co obxectivo de garantir a seguridade de traballadores e usuarios, permanecerá cortada a calzada sentido Madrid da A-6 entre os puntos quilométricos 432,2 e 431,2 desde as 08.00 horas do luns 25 de maio ata as 20.00 horas do martes 26.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com