A Deputación elevará a 30.000 euros a súa achega ao Lugo Cultural

A deputada de Cultura anunciou este 22 de setembro, que a a Deputación de Lugo achegará 30.000 euros á próxima edición do Lugo Cultural. A cantidade supón 10.000 euros máis que nas últimas anualidades.

O anuncio produciuse durante a presentación do Outono Cultural, organizado pola área de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela co apoio  da Deputación e do Concello de Lugo. A vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, expuxo unha programación para os vindeiros catro meses que inclúe concertos, proxeccións, exposicións, certames, debates e obradoiros.

Segundo explicou a USC, o programa contará coa participación de artistas e investigadoras lucenses e dedicará un espazo específico á memoria democrática. A programación completa está dispoñible na web da área de Cultura da universidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com