A actriz Mariana Expósito presentará a Gala Lvcvs Moda 2015

A recoñecida actriz galega Mariana Expósito será a presentadora da Gala Lvcvs Moda 2015, que se celebrará o vindeiro 16 de abril ás 21:00 horas no Círculo das Artes de Lugo. A intérprete lucense conta, malia a súa xuventude, cunha ampla traxectoria en televisión, cine e teatro. Filmes coma El Concursante, Reliquias, ou Vacas, porcos e zapatos de tacón, convertiron á actriz nun rostro coñecido da pequena e gran pantalla. Grazas ás súas aparicións en populares series coma Serramoura, premiada polos Premios Mestre Mateo 2015, El faro, Matalobos, Libro de familia, Padre Casares ou a máis recente delas, Hotel Almirante.

En canto ao teatro, o bo traballo de Mariana Expósito fíxoa merecedora do Premio Especial do Xurado no X Festival de Teatro de Rivas Vaciamadrid. Aínda que ten dedicado a meirande parte da súa vida profesional á interpretación, tamén coma monologuista ou contacontos, Expósito tamén ten traballado noutros ámbitos como o da comunicación, exercendo o labor de presentadora.

Así, o xoves 16 de abril, Mariana Expósito será a madriña de cerimonias da sexta edición do evento que reúne o mellor da moda, o deseño e a artesanía da provincia, e que este ano ofrecerá aos asistentes o singular espectáculo de danza Le Fleur.

Coma en anteriores ocasións, a venda de entradas avanza a bo ritmo, co 80% das mesmas adquiridas polos lucenses que deste xeito colaboran ademais co Fogar do Transeúnte, posto que a esta iniciativa solidaria irá destinada novamente a recadación íntegra do evento.

As entradas que aínda quedan por vender, poden adquirise nos establecementos de deseñadores e peluquerías que participan na gala. Máis información, na web www.deputacionlugo.gal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com