" />

A alcaldesa convenia con Fomento e Xunta para pular pola rehabilitación do casco histórico

A alcaldesa de Lugo asinou hoxe en Santiago o convenio de colaboración co Ministerio de Fomento e a Xunta para desenvolver a 15ª fase da Área de Rexeneración e Renovación Urbana (ARRU) do casco histórico, que, cunha dotación económica total de 900.000€, suporá un novo impulso á rehabilitación na zona, un dos obxectivos centrais do modelo de cidade do Goberno local, que de cara a este fin vén de impulsar un viveiro de empresas a pé de rúa no barrio da Tinería e tamén traballa nun novo modelo de acceso e mobilidade no casco histórico.

A nova fase da ARRU suporá como mínimo obras de rehabilitación nunha vintena de vivendas. A sinatura do convenio de Lugo tivo lugar xunto coa do resto dos concellos galegos beneficiarios de novas axudas para desenvolver áreas de rehabilitación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo