A Alcaldesa e o Presidente da Xunta reuniranse o vindeiro luns

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manterán un encontro o vindeiro luns, 3 de agosto, ás 12.00 horas, en San Caetano. O titular do Goberno galego respondeu este martes á solicitude de entrevista que a rexedora lle enviou o 13 de xullo. No encontro, Lara Méndez plantexará a Núñez Feijóo “as prioridades, demandas e proxectos necesarios para garantir o benestar dos lucenses e o desenvolvemento socioeconómico do noso municipio”.

Entre os temas fundamentais “e pendentes con Lugo” que a Alcaldesa lle exporá están a dotación dos servizos de Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear ao HULA, a rehabilitación do Cuartel de San Fernando e a súa conversión en Museo da Romanización, a construción da Ronda Leste, a dotación de servizos ao barrio da Residencia, prazas públicas de residencia e centro de día para os maiores,  prazas públicas de gardería, o mantemento da escola infantil do barrio do Sagrado Corazón, as obras do novo auditorio, a construción da estación intermodal, a execución do Plan Paradai, a continuidade do plan de rehabilitación de vivendas na Tinería, a posta en valor do Camiño de Santiago ao seu paso por Lugo –recen declarado Patrimonio da Humanidade-, ou as competencias en materia de servizos sociais.

Méndez confía en que Núñez Feijóo “comparta a vontade de manter un diálogo institucional aberto e fluído en beneficio dos cidadáns, aos que nos debemos por riba de todo”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com