A Apehl impartirá en Foz un curso sobre enoturismo e cultura do viño

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, prepara para os días 11, 12, 18, 19 e 25 de novembro un curso sobre cultura do viño e enoturismo que será impartido polo Instituto Galego do Viño, do que é director Xoán Cannas.

Entre as materias teóricas da formación están a historia do viño, a percepción, a uva, o chan, o clima, a viticultura, o traballo en adega, o servizo, a maridaxe, a elaboración de cartas de viño, o mercado e as novas tendencias, a xestión do negocio, as habilidades comunicativas, o marketing en hostalería e o enoturismo.

Como prácticas, realizaranse varias catas de viños galegos e nacionais e farase unha viaxe á Ribeira Sacra o día 26 de novembro para visitar a Adega Os Cipreses, a Adega Moure-Abadía da Cova e a queixería Airas Moniz. O curso terá lugar na cafetería Xoyma, en Foz, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h. As prazas son limitadas. Para realizar as inscricións, que son gratuítas, poden poñerse en contacto coa Apehl no teléfono 982 22 69 12.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 04, 2019 - 10:59 PM

    Unha perda de diñeiro e tempo

    Reply
  2. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 04, 2019 - 10:59 PM

    E veña máis chiringuitos……

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo