A Asociación Si, hai saída alerta sobre o grave risco que implica que as vítimas de violencia machista e acoso soamente podan denunciar presenzalmente

Desde a Asociación Si, hai saída alertamos, unha vez mais, do gravísimo perigo que para as vítimas de violencia machista e de acoso supón non poder denunciar a súa situación mais que de xeito presenzal, sen facilitarlles ningunha alternativa.

Son moitos os casos, de feito poderíamos dicir que todos, nos que as vítimas padecen un acoso constante por parte do seu maltratador, tanto se aínda conviven con él coma se non, xa que de todos é sabido o férreo control que estes exercen sobre elas.

Nos casos nos que aínda exista convivencia, é imposible para a maioría delas tentar saír a rúa sen que eles as acompañen, especialmente en datas coma estas, nas que as vacacións propician este acoso, ao ter que convivir durante mais horas.

Se, malia todo, por casualidade, elas son quen de atopar unha ocasión para saír do domicilio, o procedemento tan longo e complexo polo que teñen que pasar, que se pode prolongar durante horas e mais horas, fai igualmente imposible que denuncien, xa que non teñen xeito de xustificar unha ausencia tan longa, que pode desencadear case con total seguridade, novas agresións.

De non existir xa convivencia, non é nada estraño que o agresor ronde preto do domicilio da vítima, do seu lugar de traballo, ou mesmo cando se dispoñen a realizar calquera outro tipo de actividade, controlando todos e cada un dos seus movementos.

De feito, algunhas delas non poden nin saír dos seus domicilios, xa que se saben vixiadas en todo momento.

En consecuencia, é para elas totalmente imposible acudir a Comisaría, Cuartel ou ao Xulgado, xa que facelo podería implicar a súa sentenza de morte, ou, a lo menos, un aumento mais que notable da agresividade dos seus maltratadores, e, porén, do risco que elas corren.

Tampouco teñen a posibilidade de denunciar on line, xa que esa opción non contempla este tipo de delitos, nin de enviar un escrito por e-mail a Comisaría, Cuartel da G. Civil, ou Xulgado, informando da súa situación, do perigo que están a correr, da súa imposibilidade para trasladarse fisicamente, e solicitar axuda, xa que se non acude presenzalmente a asinalos, de nada valen.

Tampouco a opción de que alguén da súa confianza sexa quen denuncie é válida, xa que, igualmente, con posterioridade, é preciso que a vítima acuda a firmar e ratificar esa denuncia.

Outro tanto sucede se desexan solicitar un avogado de oficio, algo imprescindible para case todas, xa que a maioría non dispoñen de medios para contratar un letrado particular. Por mais que se dirixan ao ICA explicando a súa situación, todo é inútil se non acoden en persoa.

Dito doutro xeito, non teñen recurso ningún para ser protexidas, se non todo o contrario. Están totalmente atrapadas.

É, unha enorme e mais que evidente incoherencia que se inste as vítimas a denunciar cando se van a atopar cun atranco tras outro, ademais de enfrontarse a un sistema que, lonxe de axudalas e protexelas, as expón a un perigo aínda maior, porque un maltratador, un acosador, que sinxelamente intúa que a súa vítima está considerando denuncialo, malia que non chegue a facelo, gozando de total impunidade, é unha auténtica bomba de reloxería.

Atopámonos, en definitiva, ante un sistema que, lonxe de axudar a quen se atopa nunha situación desesperada, e facilitarlles algún tipo de ferramenta para que lles sexa prestada a axuda que precisan, aboca a estas persoas, cando tentan pedir auxilio, a un perigo aínda maior.

Temos que aclarar, ademais, que esta situación non se da soamente coas vítimas de violencia machista, malia que, obviamente, polo noso traballo, é o colectivo que mais coñecemos, se non que tamén o padecen moitas outras persoas que, por un ou outro motivo, están a ser acosadas.

É totalmente inadmisible que, en pleno ano 2026, nos atopemos cun sistema que, lonxe de axudar, condena.

Asociación Si, hai saída

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com