A Asociación Si, hai saída apoia a investigación do Ministerio de Igualdade

A Asociación Si, hai saída apoia a investigación do Ministerio de Igualdade sobre o uso de fondos para a violencia machista nunha cea para mulleres en Cercedo- Cotobade.

Desde a Asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero manifestamos o noso total e mais rotundo apoio a investigación iniciada polo Ministerio de Igualdade sobre o posible uso de fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero nunha “cea para mulleres” prevista para o vindeiro 4 de Maio en Cercedo-Cotobade, organizada pola Federación pola Igualdade da Provincia de Pontevedra (Femupo), na que incluso se incluirá un karaoke, así como a actuación dun DJ e sorteos.

No cartel no que se publicita esta cena aparecen os logotipos da Xunta, o ministerio, o propio Pacto de Estado contra a violencia de xénero, o Concello de Cercedo-Cotobade e a Deputación de Pontevedra.

Para Si, hai saída, de ser isto certo, ademais do fraude que, obviamente, implicaría, é intolerable e totalmente condenable a banalización que significa da loita contra a violencia de xénero e as políticas públicas levadas a cabo para este fin, así coma unha auténtica aldraxe e un insulto as vítimas da violencia machista, as que se estaría, ademais, privando de parte duns recursos esenciais, dos cales dependen moitas vidas, non soamente delas, se non tamén, en moitos casos, dos seus. fillos e fillas.

Así mesmo, desde a nosa asociación, dirixiremos un escrito ao propio Ministerio de Igualdade no que, ademais de reiterar o noso apoio, pregaremos que esta investigación se faga extensiva a todos aqueles colectivos que, presuntamente, se dedican a loita contra a violencia de xénero, financiados con fondos públicos, moitos dos cales perciben substanciosas subvencións, así como outra clase de prebendas, e que fagan público a que se destinan, xa que toda a cidadanía temos dereito a coñecer esta información, dereito, por outra banda, avalado pola Lei de Transparencia.

Asociación Si, hai saída

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com