A asociación Si, hai saída condena o crime machista de A Pastoriza.

Comunicado da Asociación Si, hai Saída

Desde a asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero queremos expresar a nosa mais enérxica condena e a nosa dor polo crime machista acontecido en A Pastoriza ademais das nosas sinceras condolencias e todo o noso apoio a familia nestes terribles momentos.
Pouco mais se pode dicir. Non hai verbas que abonden para describir tanto horror. Malia eso, non podemos deixar de lanzar, unha vez mais, unha chamada de atención as Institucións, Organismos competentes e a toda sociedade en xeral e lembrarlles a escalada que a violencia de xénero non deixa de experimentar, malia o cal semella non terse en conta na maioría das ocasións ou velo como algo afastado, ata que, coma neste caso, toca de preto.
Nos vindeiros dias sucederanse os actos de repulsa, as concentracións, e os minutos de silencio, coa sona
mediática que isto implica.
As prazas encheranse de xente moita da cal, o resto do tempo, non lembra en absoluto a traxedia da violencia de xénero, e, nunhos poucos días, este terrible crime pasará a ser un mais que formará parte das estatísticas e do que xa ninguén falará.
De nada servirá, como xa se está a demostrar, en tanto non se tomen medidas contundentes, sendo a primeira e imprescindible delas concienciar a sociedade de que a violencia de xénero é algo que pode suceder, ademais de a calquera muller, en calquera eido, en calquera familia, independentemente das súas circunstancias e condicións, para, de seguido, revisar un sistema que, se diga o que se diga, e por mais que se tente facer ver o contrario, claramente está fallando.
Asociación Si, hai saída.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com