" />

A Audiencia condena a dúas persoas que viaxaron de Monforte a Cambados para comprar dous quilos de cocaína

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a catro anos e a oito anos de cárcere, respectivamente, a dúas persoas que viaxaron de Monforte a Cambados para adquirir cocaína destinada a un terceiro sospeitoso, quen foi sentenciado a catro anos de prisión. Os maxistrados tiveron en conta nos dous casos nos que a pena imposta foi de catro anos a atenuante de grave adicción a substancias estupefacientes.

Ademais, a estes dous sospeitosos, impúxolles o pago dunha multa de 250.000 euros; e, ao que foi condenado a oito anos de prisión, de 400.000 euros. Os sospeitosos foron interceptados na estrada N-120, á entrada a Monforte, cando regresaban con substancia estupefaciente, que pesaba dous quilos e tiña unha riqueza dun 75,81 %. O seu valor no mercado ilícito sería de 199.623 euros, segundo consta na sentenza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo