A Audiencia Provincial de Lugo condena a cinco prestamistas por extorsionar e secuestrar a un cliente

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a cinco prestamistas por ameazar, secuestrar e golpear ao dono dun club de alterne, quen lles pedira 12.000 euros a un interese do 25 %. Ao chegar a data pactada para a devolución dos cartos, a vítima non os reintegrou, polo que os acusados a ameazaron e extorsionaron, tanto a ela como aos seus familiares, esixíndolles o pagamento de 150.000 euros.

Dous dos procesados foron condenados a dous anos de cárcere como autores de tres delitos de ameazas, un delito de secuestro e outro de extorsión. O tribunal impuxo aos outros tres investigados un ano e tres meses de prisión por cometer un delito de secuestro e outro de extorsión.

Os maxistrados indican na sentenza que os sospeitosos recoñeceron os feitos. Ademais, destacan que foron corroborados, tanto polas dilixencias practicadas durante a instrución do caso como polas declaracións de dúas testemuñas, nai e irmá da vítima, que resultaron “plenamente cribles”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com