A biblioteca municipal acolle ‘Flipa cos contos’

O programa de animación á lectura e contacontos da Biblioteca Municipal Isidro Novo remata o vindeiro mércores, 20 de novembro, despois de 6 espectáculos para nenas e nenos de distintas idades. Flipa cos contos, de Bandullo Azul, será o espectáculo encargado de rematar o programa neste 2019. Segundo indicou a edil responsable da área de Cultura do Concello de Lugo, “estamos xa a traballar no programa de animación á lectura do 2020, o cal agardamos que, despois do éxito deste trimestre, continúe a achegar a lectura ás nenas e nenos de Lugo”.

Flipa cos contos é un espectáculo de contos para toda a familia, onde as historias tradicionais, a música e o humor se reparten entre os dous contadores que soben ao escenario, o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional, a súa experiencia.

Esta sesión de contos populares terá lugar este mércores, 20 de novembro ás 18:30. O espectáculo, recomendado para nenas e nenos a partir de 4 anos, estará limitado a 40 asistentes e terá unha duración aproximada de 50 minutos.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Marta Alonso Montero
    Nov 19, 2019 - 07:37 PM

    Monica Freitas Sanchez

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo