A candidatura socialista mantén un encontro coa asociación Aspnais para escoitar as súas propostas

José López Orozco, cabeza de lista da candidatura socialista á Alcaldía de Lugo, acompañado doutros integrantes da mesma, como Ana González Abelleira, Ana Prieto ou Adrián Vázquez Fernández, mantiveron un encontro na tarde de onte coa Xunta Directiva e con parte do persoal da Asociación de Pais ou Titores, de Persoas con Discapacidade de Lugo.

A candidatura socialista escoitou da man dos representantes da entidade o relato sobre a súa situación e o labor que desenvolven na atención das persoas con discapacidade intelectual, así como dos seus proxectos de futuro.
Ao mesmo tempo, a Xunta Directiva e o persoal do centro achegáronlle aos socialistas, as súas demandas co fin de que poidan ser recollidas no programa electoral co que os socialistas lucenses concorrerán ás eleccións municipais do próximo 24 de maio.

Os encontros con diferentes representantes da vida social, económica, empresarial, educativa e veciñal lucense continúan hoxe cunha reunión no Vicerreitorado da Universidade e co colectivo ONCE.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo