A cantante potuguesa Dulce Pontes actuará no Domingo das Mozas

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, anunciou, durante a rolda de prensa da Xunta de Goberno de hoxe, o segundo concerto desta edición do San Froilán. “Neste Domingo das Mozas será o día dedicado, de xeito especial, ás mulleres, por iso todas as actuación serán de mulleres ou de grupos formados por mulleres” anunciou Maite Ferreiro, e engadiu “a cantante Dulce Pontes será a encargada de pechar este día coa súa actuación na Praza do Seminario”.

A cantante portuguesa Dulce Pontes, quen xa estivo no San Froilán no ano 2004, naceu en Montijo (Portugal) no 1969 é gañadora do Festival Nacional da Canción de Portugal do 1991, é coñecida internacionalmente como unha das mellores artistas da música portuguesa. Durante este ano celebra o 30 aniversario do inicio da súa carreira. Os seus traballos contribuíron ao renacemento do fado nos anos 90 e actualmente conta con 10 álbums publicados, ademais de numerosas colaboracións con outros artistas.

“Nesta edición da grande festa do outono galego, a música tradicional será protagonista” indicou Maite Ferreiro. “As agrupacións de música tradicional contarán tamén, durante estas festas, con espazos propios na programación”.

 

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Lucia Barcelos
    Ago 08, 2019 - 03:07 PM

    Eu tamen canto moi ben

    Reply
  2. Avatar
    Jose Antonio Cabo Martinez
    Ago 07, 2019 - 11:57 PM

    Quise poner fados perdonar

    Reply
  3. Avatar
    Jose Antonio Cabo Martinez
    Ago 07, 2019 - 07:40 PM

    También podías contratar a Iría Estévez que canta dados y es muy buena

    Reply
  4. Avatar
    Luis Díaz
    Ago 07, 2019 - 01:58 PM

    Bon fichaxe , parabéns

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo