A CIG denuncia cunha concentración na Xunta a “represión sindical” en Abeiro Gold

Dentro do calendario de mobilizacións que a CIG está a realizar para denunciar a “política de represión sindical” aplicada pola dirección de Abeiro Gold, a central realizou unha concentración esta mañá diante do edificio da Xunta en Lugo para trasladarlle a situación de conflitividade que hai nesta empresa e reclamar a actuación da Administración. Así mesmo, coa protesta quérese reclamar a readmisión inmediata do traballador despedido, que foi na candidatura da CIG nas eleccións sindicais.

“A Xunta ten a competencia no control e inspección das residencia de maiores e hoxe estamos aquí para denunciar como se funciona en Abeiro Gold e a situación de persecución que se está  a dar nesta empresa”, explica Carme Antas, da CIG-Servizo de Lugo-A Mariña. Lembra que dende que o pasado ano a CIG gañara as eleccións sindicais -as primeiras que se celebraban neste centro de traballo-, a dirección viuse na obriga de recoñecerlle ao cadro de persoal os dereitos do convenio que antes incumpría de maneira sistemática.

Ante este feito, subliña, a reacción da empresa “foi botarlle un pulso a CIG por defender as condicións laborais do persoal desta residencia”. Neste tempo, alertou, a empresa executou tres despedimentos cun claro carácter “represivo e exemplarizante”. O primeiro despedimento, dunha traballadora, foi declarado improcedente polo xulgado do Social e estase á espera dos outros dous xuízos, que xa teñen fixada data para o 7 de xuño e o 2 de xullo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo