" />

A Comisión de Tráfico aborda a busca de solucións para o problema de acceso á rúa Angelo Colocci

A Comisión de Tráfico do Concello de Lugo, presidida pola alcaldesa, Lara Méndez, vén de abordar o proxecto de mellora dos accesos á rúa Angelo Colocci para propiciar a entrada directa á mesma dende a Avenida da Coruña sen necesidade de subir ata a glorieta da Medusa para facer o cambio de sentido.

A solución, que obedece ao compromiso acadado pola rexedora coa veciñanza da contorna xa durante o pasado mandato, pasará a analizarse nas vindeiras semanas coa conseguinte realización dun estudo técnico ao respecto.

Ademais, na xuntanza, celebrada este mércores, acordouse, entre outros aspectos, a incorporación dun novo modelo de declaración responsable para solicitar a reserva temporal da vía pública (vaos, estadas, colectores de obra, etc) na cidade co fin de axilizar ao máximo posible a súa tramitación.

Na Comisión de Tráfico, an da alcaldesa están presentes os edís responsables de Mobilidade e Infraestruturas Urbanasasí como persoal técnico e da Policía Local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo