" />

A concellería da Muller impulsa actividades pola igualdade entre a mocidade

A Concelleira de Muller, Ana González Abelleira, presentou esta mañá o programa de actos previstos no mes de marzo con motivo do Día Internacional das Mulleres. A edil sostivo “que neste mes incrementamos as accións que xa estamos a desenvolver durante todo o ano, e centraremos gran parte das actividades na concienciación entre a mocidade, porque o cambio real virá da man da educación”.

O pistoletazo de saída foi o luns 2 de marzo cun exitoso ‘Escape Room Mulleres Con Forza’ que tivo lugar na Casa da Xuventuve. O mércores 4 de marzo o Auditorio Municipal Gustavo Freire acolleu unha representación titulada “Adiviña Quen Son” cunha temática baseada nos estereotipos das profesións destinada aos alumnos dos C.E.I.P. Mañá venres, 6 de marzo, ás 13:30 horas, no Salón de Plenos do Concello, terá lugar a entrega dos premios do concurso de deseño gráfico “Contra a Violencia de Xénero” e do VIII certame de fotografía “Revelando Machismo”, que entregará a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. Na programación do luns, 9 de marzo, ás 19:00h está incluído o Cinefórum, unha actividade aberta ata completar aforo. O filme que se proxecta, ‘Tódalas mulleres que coñezo’

O venres, 13 de marzo, ás 20:00horas, o auditorio do Vello Cárcere recibirá outro Faladoiro Feminista, nesta ocasión con Marta Busquets, xurista especializada en xénero. E xa o sábado, 29 de marzo, ás 10:30horas, organizarase a I Andaina Xuvenil pola Igualdade, dirixida a mozos e mozas de 14 a 35 anos, que nace coa vocación de ter continuidade. As e os participantes percorrerán acompañados dunha guía rúas de Lugo onde se pon en valor o papel que xogaron e xogan as mulleres do municipio. As inscricións faranse de luns a venres da vindeira semana na Casa da Xuventude. Hai 20 prazas e as e os menores deberán ir acompañados por unha persoa adulta. Ana Abelleira recordou que “durante o mes de marzo, nas ociotecas municipais do programa Aprende Xogando levarase a cabo un programa de fomento da igualdade. E nos meses de abril, maio e xuño, a Comisión de Igualdade de Xénero da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría desenvolverá o proxecto ‘Protagonistas, as enxeñeiras’ co obxecto de visibilizar a estas profesionais e o seu labor, coa realización de obradoiros en C.E.I.P.s e I.E.S.” A concelleira animou a todas as persoas a participar nestas actividades.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo