" />

A Concellería de Medio Ambiente comeza a amañar unha desfeita de anos  

Despois de anos e anos de desleixo onde os responsábeis da área de Medio Ambiente miraron para outro lado, hai casos de veciños que levan agardando dende hai 11 anos a que se cumpra a legalidade, por fin, parece que os días desta desastrosa xestión tocan ao seu fin.

O edil responsable da área de Medio Ambiente Álvaro Santos comezou unha campaña para que os donos de parcelas privadas totalmente desatendidas procedan ao seu acondicionamento. A primeira remesa de notificacións, 25, xa saíron das dependencias do concello cara o domicilio dos titulares doutros tantos predios e outros 40 expedientes farano nos vindeiros días.

Este é o balance das ordes de execución impulsadas polo Concello de Lugo no último mes para garantir que a cidade manteña unhas condicións de limpeza e salubridade óptimas ao tempo que se preserva a súa imaxe.

 “Aos requirimentos enviados sobre terreos sitos no barrio Feijoo, Rúa Nova, Milagrosa, Gándaras, Garabolos ou Fontiñas pero tamén nos núcleos rurais de Carballido, Conturiz, San Xoan do Alto, o Veral e Santiago de Meilán – engadiremos agora outro medio cento de comunicacións cominando aos donos destes soares, a maioría deles ubicados na contorna de San Fiz pero tamén en Galegos, Castelo, Rúa Filgueiro ou Ángelo Colocci, a limpalos e eliminar a maleza que os invade e que afecta a outras superficies públicas e alleas”, referiu Álvaro Santos.

O edil responsable de área lembrou que a Lei do Solo de Galicia é nidia no que ten que ver cos deberes de uso e conservación dos bens privados. “O artigo 135 recolle con concreción que os donos de toda clase de terreos, construcións, edificios e instalacións deberán mantelos nas condicións legais para servir de soporte a ditos usos e, en todo caso, nas de seguridade, salubridade, accesibilidade universal e ornato legalmente esixibles. Polo que, de non respectar o indicado pola lexislación, a área de Medio Ambiente incoará o correspondente expediente”.

 Así, Santos explicou que, logo de trasladar unha notificación aos titulares das propiedades en desleixo, o procedemento continuará, co trámite de audiencia polo prazo de 15 días, ben para que se formulen as alegacións que estimen oportunas e presenten os documentos e xustificacións que consideren pertinentes, ben para que executen as actuacións sinaladas.

 “Observamos que o escrito inicial está sendo, nalgúns casos, estímulo suficiente para que se proceda á roza do predio. Esta ten que incluír, se é preciso, tanto a eliminación de residuos como a súa desinfección ou desratización. Mais, de non ser así – abondou  o concelleiro –  que saiba quen incumpre que procederemos á súa execución forzosa de forma subsidiaria, con cargo aos obrigados e mesmo coa imposición de multas coercitivas que irán dos 1.000 aos 10.000 euros, reiterables trimestralmente, ata lograr a execución das obras ordenadas que serán inspeccionadas polos servizos municipais correspondentes”.

 Santos Ramos puxo de manifesto igualmente que, de xeito parello, a área de Medio Ambiente está a facer o propio nas parcelas e vías municipais para eliminar a vexetación que foi crecendo durante a primavera. Un cometido ao que incorporou máis medios, este último mes, co fin de apurar os traballos que non se puideron realizar durante o Estado de Alarma.

Un mantemento permanente –  sostivo – que xa se efectuou nos barrios da Croa, A Cheda, Paradai, Albeiros, Aceña de Olga, Augas Férreas, Volta da Viña, Avenida de Madrid, Montirón, baixada ao Rato, O Castiñeiro, Casás, e mesmo no  Campo da Feira de Nadela e que continuará noutras localizacións nas vindeiras semanas”, concluíu.

 

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Luis Díaz
    Ago 01, 2020 - 03:30 PM

    Que falta de autoridade e carácter teñen algúns politicos. A servidor cando se presentou a concelleiro, non saíu elexido, de se así, no mesmo cargo, verían esos propietarios como se deixaban de caralladas. Non amañas a túa finca? , visita con notita da Policia Municipal e punto. Pero claro, os donos pasan, a policia tamén, e quen ten que mandar, fáltalle personalidade para elo.

    Reply
  2. Avatar
    Mariña Rodriguez Ferrer
    Ago 01, 2020 - 02:28 PM

    Xa era ora.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo