A concellería de Muller e Xuventude amplía a cota de inscricións para as andainas do sábado, logo das modificacións na normativa Covid

Dende a concellería de Muller, Igualdade e Xuventude, dase traslado de que, vistas as modificacións publicadas na Orde do DOG nº52-Bis do 17 de marzo do 2021, concretamente no Anexo I, no punto 3.24, pola que se amplían ata un máximo de 8 persoas máis monitor as actividades turísticas a partir das 00:00 horas de mañá 19 de marzo, quedan ampliados tamén os grupos para a Andaina de Mulleres con Forza e para a Ruta da Xuventude Activa ao Courel: Monte Cido e Devesa da Rogueira, ámbalas dúas previstas para este sábado.

As persoas interesadas en participar nas andainas Mulleres con Forza poderán anotarse ata hoxe ás 20:00 horas a través do 010, ou no 982297350 para os de fóra de Lugo, xa sexa para a quenda das 10:00 ou das 12:00 horas.

Esta actividade inclúese dentro da programación do 8M que organizou a área da Muller. Son rutas culturais que percorren os espazos e monumentos relacionados coas mulleres que transformaron a sociedade lucense e galega ao longo da súa vida, deixando un importante legado a nivel histórico, cultural ou científico.

No caso da ruta de Xuventude Activa ao Courel: Monte Cido e Devesa da Rogueira, as inscricións poderán realizarse tamén ata este xoves a través de www.formulario.xuventudelugo.gal

Neste caso, trátase dun calendario de rutas, enmarcada na programación do primeiro semestre de Xuventude, no que figuran 8 rutas ata xuño; contemplando andainas de dificultade fácil, moderada e alta; tanto para a rapazada que se está iniciando no sendeirismo como para a máis experimentada. Deste xeito, a área que dirixe Ana González Abelleira aposta unha vez máis por unha programación que ten á natureza como principal protagonista, ofrecendo novas alternativas de lecer saudables e sostibles, que combinan deporte e medio ambienta ao tempo que se relacionan con outros mozos e mozas da súa idade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com