A Copa do Rei ACB de Baloncesto visita Lugo

A Copa do Rei ACB de Baloncesto estará exposta ao longo do día de hoxe e maña no primeiro andar da Casa Consistorial. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e representantes de Caixabank e do Ensino achegáronse esta maña a ver o trofeo onde aproveitaron para fotografarse coa Copa do Rei que pesa 18 quilos.

Asemade numerosos curiosos tamén se achegaron a ver o trofeo ao Concello e facerse fotos. Os aficionados que se fotografien coa copa poderán entrar nun concurso a través de Twitter, no que se sorteará material deportivo e un par de abonos para o torneo deste ano 2016, que arrancará o vindeiro 18 de febreiro en A Coruña.

A visita da Copa do Rei a Lugo está enmarcada dentro da #CopaTourCaixaBank que recorrerá durante tres semanas 10 municipios galegos. Trátase dun recorrido que nace coa vontade de achegar o trofeo da Copa do Rei a todas aquelas persoas amantes do baloncesto, un deporte que en Lugo ten moitos adeptos.

Todos os interesados poderán visitar este trofeo en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com