" />

A delincuencia rexistrou un lixeiro descenso en Sarria en 2017

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e a alcaldesa de Sarria, Pilar López, copresidiron esta mañá a reunión ordinaria da xunta local de seguridade, na que se fixo unha análise da situación delincuencial do municipio no ano 2017 e se perfilou o dispositivo de seguridade previsto para as festas patronais do San Xoán, que se celebrarán dende o 21 ao 24 de xuño.

Na xunta de seguridade estiveron tamén representantes da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local.

Segundo os datos oficiais expostos na reunión da xunta local de seguridade, a delincuencia rexistrou un lixeiro descenso en Sarria durante o ano pasado. De feito, baixaron os delitos contra a seguridade colectiva (que engloban os delitos contra a seguridade vial ou contra a saúde pública, principalmente) e os delitos contra a liberdade, como son as coaccións ou ameazas. Os delitos contra o patrimonio, que seguen a ser os que concentran o maior número de denuncias no municipio sarriano, mantéñense en idénticos niveis ao ano anterior.

Atendendo aos datos da delincuencia, a taxa de criminalidade de Sarria sitúase nas 24,3 infraccións penais por cada mil habitantes, tres puntos por debaixo da media galega e preto de 20 por debaixo da nacional.

Os asistentes á xuntanza valoraron o elevado índice de eficacia acadado na resolución e esclarecemento dos delitos de maior consideración (os catalogados como graves e menos graves) denunciados en Sarria, que supera o 64%.

Como é habitual nas reunións das xuntas de seguridade, o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, fixo un breve repaso polos obxectivos e os resultados dos plans operativos impulsados pola Secretaría de Estado de Seguridade que supuxeron algunha actuación en Sarria.

No encontro desta mañá abordouse tamén o dispositivo de seguridade que se desplegará para evitar incidentes no transcurso dos festexos de San Xoán na localidade. Neste sentido, explicouse que a Policía Local de Sarria intensificará os traballos de vixianza, en tanto que a Garda Civil se comprometeu a reforzar ese dispositivo de seguridade, que é competencia municipal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo